Venres 29 Marzo 2024

O cúmulo Corazón e Alma

Créditos da imaxe e copyright: Adrien Klamerius
Créditos da imaxe e copyright: Adrien Klamerius

Explicación: este campo estelar abarca case 10 graos atravesando o ceo cara as constelacións setentrionais de Cassiopeia e Perseus. Á esquerda, a nube cósmica con forma de corazón, IC 1805 e IC 1848, coñécense popularmente coma as nebulosas Corazón e Alma. Doadas de albiscar á dereita están os cúmulos estelares NGC 869 e NGC 884 que tamén se coñecen coma h e Chi Perseii ou simplemente Cúmulo Dobre. Corazón e Alma, cos seus propios cúmulos incrustados de estrelas novas de millóns de anos de idade aproximadamente, teén cada unha uns 200 anos luz de diámetro e están a 6 e 7 anos luz de distancia. De feito, forman parte dun gran complexo activo de formación estelar espallado ao longo do brazo espiral de Perseo da nosa galaxia Vía Láctea. O Cúmulo Dobre está situado aproximadamente á mesma distancia que as nebulosas Corazón e Alma. Afastados só por uns poucos de anos luz, h e Chi Perseii están fisicamente achegados un ao outro, e estímase que ámbolos dous cúmulos teñen uns 13 millóns de anos de idade. A súa proximidade e idade similar suxiren que os dous cúmulos probablemente son o produto da mesma rexión de formación estelar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente