Venres 29 Marzo 2024

O cometa Lovejoy nun ceo de inverno

Cometa verde Lovejoy
Créditos da imaxe e licenza BY-NC-2: Juan Carlos Casado (TWAN, Earth and Stars).

Explicación: cales destas iconas do ceo nocturno das atopado nesta fermosa e fonda exposición do ceo de inverno setentrional? As luces celestes inclúen as estrelas do cinto de Orión,  a Nebulosa de Orión, o cúmulo estelar das Pléiades, as estrelas brillantes Betelgeuse e Rigel, a nebulosa California, o bucle de Barnard e o cometa Lovejoy. O cinto de estrelas de Orión está case vertical na liña central entre o horizonte e o centro da imaxe, coa estrela máis baixa do cinto escurecida pola nebulosa da Chama brillando en vermello. Á esquerda do cinto está o arco vermello do bucle de Barnard seguido pola brillante estrela laranxa Betelgeuse, mentres que á dereita do cinto está a nebulosa de Orión chea de cor seguida pola brillante estrela azul Rigel. O cúmulo azul de estrelas brillantes de preto do centro superior son as Pléiades; e a nebulosa vermella á súa esquerda é a nebulosa California. O punto laranxa brillante por riba do centro da imaxe é a estrela Aldebarán, mentres que o obxecto verde con cola longa á súa dereita é o cometa C/2014 Q2 (Lovejoy). A imaxe amosada tirouse hai unhas dúas semanas preto da vila Palau, en Girona, España.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente