Xoves 25 Abril 2024

O cometa e a Gran Nube de Magalhães

Créditos da imaxe e copyright: Justin Tilbrook (Astronomical Society of South Australia)
Créditos da imaxe e copyright: Justin Tilbrook (Astronomical Society of South Australia)

Explicación: a adorable coma verde do cometa 252P/Linear, amosándose abraiantemente brillante, posa próxima á Gran Nube de Magallanes nesta paisaxe celeste meridinal. A morea de exposicións con teleobxectivo foi captada o 16 de marzo desde Penwortham, (Australia do Sur). O 252P/Linear, recoñecido coma un cometa periódico, da familia Xúpiter, voltará a achegarse ao noso fermoso planeta o 21 de marzo, pasando a só 5,3 millóns de quilómetros de distancia. Iso vén a ser 14 veces a distancia Terra-Lúa. De feito, é un dos dous cometas que realizarán achegamentos destacados nos vindeiros días como o moito máis feble cometa Pan-STARRS (P/2016 BA14) que chegará a 3,5 millóns de quilómetros (9 veces a distancia Terra-Lúa) o 22 de marzo. Os dous teñen órbitas moi semellantes, suxerindo unha posible orixe como parte do mesmo cometa. Ámbolos dous cometas, que atravesando axiña o ceo pola súa proximidade á Terra, moveranse aos ceos setentrionais decontado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón