Xoves 25 Abril 2024

O cometa Churyumov-Gerasimenko en cuarto crecente

Cometa Churyumov-Gerasimenko
Créditos da imaxe: ESA, Rosetta, NAVCAM; procesada por Giuseppe Conzo.

Explicación: que lle está a acontecer ao cometa 67P/Churyumov–Gerasimenko? Mentres o cometa de 3 km de ancho se move máis preto do Sol, a calor fai que o núcleo expulse gas e po. A sonda espacial Rosetta chegou ao escarpado dobre núcleo do cometa o pasado mes de xullo e agora está a co-orbitar o Sol xunto co xigante iceberg escuro. A recente análise dos datos transmitidos á Terra desde a sonda espacial automática Rosetta están agora a amosar que a auga que expulsa 67P ten unha diferencia importante coa da Terra, indicando que a auga terrestre podería non ter sido orixinada por colisións antigas con cometas coma este. Ademais, nin a Rosetta nin o seu aterrador Philae detectaron campo magético ao redor do núcleo cometario, apuntando a que o magnetismo podería ter carecido de importancia na evolución do Sistema Solar temperán. O cometa 67P, amosado nunha fase crecente en cores falsas, debería incrementar a súa velocidade de evaporación mentres se aproxima ao seu punto máis achegado ao Sol en agosto de 2015, cando chegue a unha distancia do astro xusto un pouco máis lonxe que á Terra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente