Créditos e copyright: Tom Masterson (Transient Astronomer)

Créditos e copyright: Tom Masterson (Transient Astronomer)

O cometa azul atopa ás estrelas azuis

O cometa C/2016 R2 (PanSTARRS) semella aparecer xunto ao famoso cúmulo estelar das Pléiades

 Créditos e copyright: Tom Masterson (Transient Astronomer)

Créditos e copyright: Tom Masterson (Transient Astronomer)

Explicación: que se está a dirixir cara o cúmulo estelar das Pléiades? Semella ser o cometa C/2016 R2 (PanSTARRS), pero aquí as aparencias enganan. Á dereita e foi lonxe no fondo, o famoso cúmulo estelar das Pléiades está dominado pola luz azul procedente das esterlas masivas e novas. Á esquerda e visitando o Sistema Solar interior está o cometa PanSTARRS, un bloque de xeo caído desde o Sistema Solarexterior que na actualidade amosa unha cola iónica longa dominada pola luz azul procedente dunha abundancia extraordinariamente alta de monóxido de carbono ionizado. O cometa PanSTARRS está na actualidade movéndose cara a parte superior da imaxe e a súa cola iónica apunta lonxe do Sol pero é afectada por un complexo vento solar de partículas expulsadas pola nosa estrela. O cometa, que se pode ver ao través dun telescopio pequeno, está a atenuarse mentres se afasta da Terra, aínda que chegará ao seu punto máis próximo ao Sol a primeiros de maio.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.