O Atlas V lanza o MMS

O Atlas V lanza o MMS

O Atlas V lanza o MMS

Créditos da imaxe e copyright: Ben Cooper (Launch Photography).

Explicación: os paxaros non voan a esta altura. Os avións non van tan rápido. A Estatua da Liberdade pesa menos. Non hai especie agás a humana que poida comprender o que está a pasar, nin podería facelo ningún humano xusto hai un milenio. O lanzamento dun foguete cara o espazo é un evento que inspira abraio e desafía o imaxinable. Un foguete Atlas V, fotografado enriba, despegou levando á Magnetospheric Multiscale Mission (MMM ou Misión Multiescala da Magnetosfera) da NASA á órbita da Terra hai 10 días para estudar o funcionamento da magnetosfera que arrodea e protexe a Terra. Desde unha posición vertical, o foguete espacial (de 300 000 quilogramos) deixou de orbitar a Terra onde o aire exterior é demasiado fino para respirar. Os foguetes que van ao espazo lánzanse agora desde algures na Terra unha vez á semana, máis ou menos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.