Xoves 25 Abril 2024

O ascenso do transbordador espacial

Créditos da imaxe: NASA
Créditos da imaxe: NASA

Explicación: que está a subir desde as nubes? O transbordador espacial. Ás veces, se miraras pola xanela dun avión no lugar e intre xustos, poderías ter ollado algo moi estraño; un transbordador espacial despegando á órbita. As fotografías do transbordador subindo mailo seu ronsel difundíronse moito pola rede xusto despois do derradeiro lanzamento do Endeavour en maio de 2011. A foto superior tirouse desde un avión de transporte de entrenamento pola NASA e non ten copyright. A imaxe, tomada ben por riba das nubes, pode compararse con imaxes similares do mesmo ronsel do transbordador tiradas baixo as nubes. Os gases quentes e brillantes expulsados polos motores poden verse preto do transbordador subindo, así como un longo penacho de fume. No banco de nubes aparece unha sombra do penacho, sinalando a dirección do Sol. O programa Transbordador Espacial dos Estados Unidos rematou en 2011, e o Endeavour pode visitarse agora no California Science Center. Porén, mañá hai programado un despegue diferente; ese do Transiting Exoplanet Survey Satellite (TESS ou Satélite de Exploración de Exoplanetas en Tránsito) a bordo dun foguete Falcon 9 de Space X.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón