Xoves 18 Abril 2024

Nubes estrañas sobre Hong Kong

Créditos da imaxe e copyright: Alfred Lee
Créditos da imaxe e copyright: Alfred Lee

Explicación: que é iso do ceo? A comezos deste mes, moi alto no ceo por riba de Hong Kong (China), non apareceu só unha estraña clase de nube; foron dúas. Por diante estaba unha nube lenticular longa, unha nube que se forma preto das montañas ao subir o aire e que poden semellar para a algúns unha nave espacial alieníxena. Máis arriba no ceo, e máis ao fondo, estaba unha nube iridescente chea de cor. As nubes iridescentes están compostas de pingas de auga de tamaño parecido que difractan as diferentes cores da luz solar en cantidades diferentes. O máis afastado do fondo é o Sol, bloqueado da visión directa pola opaca nube lenticular, pero fornecendo a luz para as cores dairidescente. Ámbolos dous tipos de nubes son raras de ver en Hong Kong e, por desgraza, desapareceron só despois duns poucos minutos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón