Sábado 20 Abril 2024

Nubes de Andrómeda

Créditos da imaxe e copyright: Daniel López / IAC
Créditos da imaxe e copyright: Daniel López / IAC

Explicación: que son as nubes vermellas que arrodean a galaxia Andrómeda? Esta galaxia, M31, a miúdo é fotografada polos astrónomos terrestres. Como é a galaxia espiral grande máis achegada, é unha vista familiar cos corredores escuros de po, o brillante núcleo amarelado e os brazos espirais perfilados por nubes de estrelas azules brillantes. Aínda así, este retrato cheo de cor, un mosaico de imaxes de boa exposición con filtros de banda anpla e estreita do noso universo illa veciño, ofrece detalles abraiantemente estraños, tenues nubes avermelladas de gas hidróxeno ionizado e brillante no mesmo campo de vista. Estas nubes de hidróxeno ionizado seguramente están no primeiro plano da escena, ben dentro da nosa galaxia Vía Láctea. Probablemente están asociadas coas poeirentas nubes cirrus interestelaresomnipresentes que se espallan centos de anos luz por riba do noso propio plano galáctico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea

Os investigadores do CITIC Xabier Pérez e Lara Pallas participan na misión Gaia, que pretende crear o maior mapa 3D da nosa galaxia

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150