Nubes cheas de cor preto de Rho Ophiuchi

Nubes cheas de cor preto de Rho Ophiuchi

Nubes cheas de cor preto de Rho Ophiuchi

Créditos da imaxe e copyright: Markus Noller (Deep-Sky-Images).

Explicación: por que o ceo preto de Antares e Rho Ophiuchi está tan cheo de cor? As cores débense a unha mestura de obxectos de procesos. O po fino alumeado desde a fronte pola luz estelar produce nebulosas azuis de reflexión. As nubes gasosas nas que os átomos son excitados pola luz estelar ultravioleta producen nebulosas de emisión avermelladas. As nubes de po retroalumeadas bloquean a luz das estrelas e por iso semellan escuras, unha superxigante vermella e unha das estrelas máis brillantes do ceo nocturno, alumea as nubes amarelo-vermellas da parte inferior central da imaxe publicadaRho Ophiuchi atópase no centro da nebulosa azul da esquerda. O afastado cúmulo globular M4 pode ollarse na parte dereita superior do centro. Estas nubes de estrelas son aínda máis coloridas do que os humanos poden ollar, emitindo luz por todo o espectro electromagnético.

Hoxe e mañáolla a Venus e Xúpiter xuntos tralo solpor

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.