Nube lenticular, Lúa, Marte, Venus

Nube lenticular, Lúa, Marte, Venus

Nube lenticular, Lúa, Marte, Venus

Créditos da imaxe e copyright: Nuno Serrão.

Explicación: non pasa todos os días que unha nube interesante che rouba a túa foto. O plan orixinal era fotografar unha rara conxunción angular de Marte e Venus que ocorría hai unha semana e media, co valor engadido dunha Lúa crecente e a Estación Espacial Internacional (ISS) pasando preto. Por desgraza, sobre a Illa Madeira, Portugal, este acontecemento anubrouse. Porén, durante o día seguinte apareceu unha espectacular nube lenticular antes do solpor, polo que o fotógrafo dilixentemente formulou axiña un plan novo. Unha ollada achegada á imaxe que resultou desvela á Lúa visible cara a esquerda do cadro, mentres por debaixo, preto do fondo, están os famosos planetas con Venus brillando máis. Aínda que a nube lenticular non se agardaba, parecéndose quizais a algunha clase de nave espacial futurista, chegou a roubar o espectáculo. O Sol que se puxo alumeaba a nube estacionaria (e todo o demais) desde o fondo, facendo un patrón intrincado de sombras, capas e zonas alumeadas brillantemente, véndose todo no vídeo correspondente. Marte e Venus aparecerán de novo tan preto no ceo a finais de agosto, pero ninguén sabe se nalgures da Terra se captarán por tras dunha nube tan fotoxénica.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.