Venres 19 Abril 2024

Novo atlas mundial do brillo artificial do ceo

Créditos da imaxe e licenza: F. Falchi et al., Light Pollution Atlas, ISTIL
Créditos da imaxe e licenza: F. Falchi et al., Light Pollution Atlas, ISTIL

Explicación: a que distancia está dun ceo nocturno naturalmente escuro? Este mapa mundial (medio | grande), en chanzos que se incrementa, amosa o efecto no brillo artificial no ceo nocturno na aparencia visual dese ceo. O brillo modelouse empregando sdatos sateliteis de alta resolución e axustando milleiros de medidas do brillo do ceo nocturnonun traballo recente. Os niveis con código de cor compáranse co nivel de brillo natural do ceo da túa localidade. Por exemplo, os niveis de brillo artificial do ceo en amarelo alteran a aparencia natural do ceo nocturno. En vermello agochan a Vía Láctea nunha abrétema luminosa artificial. Os resultados indican que a aparencia historicamente común da nosa galaxia pola noite está agora perdida para máis dun terzo da humanidade. Iso inclúe ao 60% dos europeos e case o 80% dos norteamericanos, xunto con habitantes doutras rexións polucionadas luminicamente e densamente poboadas do planeta Terra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Un asteroide troiano de Xúpiter pasará polo ceo de Galicia

En Santiago de Compostela hai un 34 % de probabilidade de observar a ocultación dunha estrela