Xoves 25 Abril 2024

Nova sobre Tailandia

Créditos da imaxe e copyright: Jeff Dai (TWAN)
Créditos da imaxe e copyright: Jeff Dai (TWAN)

Explicación: unha nova de Sagittarius é brillante abondo para ollala con prismáticos. O estourido estelar, detectado o mes pasado, chegou a aproximarse ao límite da visibilidade a simple vista a semana pasada. Unha nova clásica orixínase a partires dun estoupido termonuclear sobre a superficie dunha estrela enana branca, unha estrela densa co tamaño da nosa Terra pero a masa do noso Sol. Na imaxe publicada, a nova  foi captada a semana pasada por riba do vello WatMahathat en Sukhothai (Tailandia). Para ollar Nova Sagittarius 2016 por ti mesmo, só tes que saír tralo solpor e localizar preto do horizonte á constelación do Arqueiro (Sagittarius), identificada popularmente como unha teteira icónica. Tamén se pode ollar preto da nova o planeta Venus moi brillante. Pero non te retrases, porque non so a nova se está a apagar; tamén parte do ceo se está a poñer de seguido máis preto do solpor.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón