Sábado 20 Abril 2024

No ventre do detector de neutrinos

Créditos da imaxe e copyright: DOE, Berkeley Lab – Roy Kaltschmidt, fotógrafo
Créditos da imaxe e copyright: DOE, Berkeley Lab – Roy Kaltschmidt, fotógrafo

Explicación: por que hai máis materia que antimateria no Universo? Para comprender mellor esta faceta da física básica, os departamentos de enerxía de China e os EUAconduciron a creación do Daya Bay Reactor Neutrino Experiment (Experimento de Neutrinos de Reactores Daya Bay). Situado baixo unha grosa rocha uns 50 quilómetros ao norleste de Hong Kong (China), os oito detectores de Daya Bay vixilan os antineutrinos emitidos por seis reactores nucleares achegados. Unha cámara, fotografada aquí, olla ao longo dun dos detectores Daya Bay, fotografando os sensores de fotóns que detectan a feble luz emitida polos antineutrinos que interaccionan cos fluídos do detector. Os primeiros resultados indican que unha cantidade abraiantemente alta dun tipo de antineutrinos se troca noutro, unha cantidade que de ser confirmada podería implicar a existencia dun tipo de neutrino non detectado, así coma un impacto na comprensión por parte da humanidade das reaccións das partículas fundamentais que ocorreron durante os primeiros segundos do Big Bang.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón