Xoves 25 Abril 2024

No corazón do cúmulo Virgo

Cúmulo Virgo
Créditos da imaxe: NASA/ESA/ESO/NAOJ/G. Paglioli; Copyright: R. Colombari/G. Paglioli.

Explicación: o cúmulo de galaxias Virgo é o máis achegado á nosa galaxia Vía Láctea. O cúmulo Virgo está tan achegado que abarca máis de 5 graos no ceo; unhas 10 veces o ángulo que ocupa unha Lúa chea. Co seu corazón ubicado a uns 70 millóns de anos luz de distancia, o cúmulo Virgo é o cúmulo de galaxias máis próximo, contén unhas 2.000 galaxias e ten un tirón gravitatorio notable sobre as galaxias do Grupo Local de galaxias que arrodea a nosa Vía Láctea. O cúmulo non só contén galaxias cheas de estrelas, tamén gas tan quente que brilla en raios X. Os movementos das galaxias no seu interior e ao redor dos cúmulos indican que conteñen máis materia escura ca calquera materia visible que poidamos ver. Na fotografía superior, o corazón do cúmulo Virgo inclúe galaxias brillantes Messier coma os ollos de Markarian na parte superior esquerda, M86 xusto por riba e á dereita do centro, M84 no extremo dereito, así como a galaxia espiral NGC 4388 na parte inferior dereita.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente