Créditos da imaxe e copyright: Christoph Kaltseis, CEDIC 2017

Créditos da imaxe e copyright: Christoph Kaltseis, CEDIC 2017

No corazón de Orión

As estrelas do Trapecio xiran en torno ao burato negro máis próximo á Terra

Créditos da imaxe e copyright: Christoph Kaltseis, CEDIC 2017

Créditos da imaxe e copyright: Christoph Kaltseis, CEDIC 2017

Explicación: preto do centro deste definido retrato cósmico, no corazón da nebulosa de Orión, están as catro estrelas masivas e quentes coñecidas coma o Trapecio. Reunidas moi apertadas dentro dunha rexión máis ou menos nuns 1,5 anos luz de radio, dominan o corazón do denso cúmulo estelar da nebulosa de Orión. A radiación ultravioleta ionizante que procede das estrelas do Trapecio, sobre todo da estrela máis brillante Theta-1 Orionis C alimenta todo o brillo visible da complexa rexión de formación estelar. Cuns tres millóns de anos de idade, o cúmulo da nebulosa de Orión foi incluso máis compacto nos seus anos mozos e un estudo de dinámica indica que as colisións de estrelas fuxidías a unha idade temperá poida que formaran un burato negro con máis de 100 veces a masa do Sol. A presenza dun burato negro dentro do cúmulo podería explicar as altas velocidades observadas das estrelas do Trapecio. Coa distancia da nebulosa de Orión duns 1.500 anos luz, convertiríase no burato negro máis achegado ao planeta Terra.

Rematamos a xira galega das charlas do APOD do último ano en Pontevedra e Santiago de Compostela.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.