Créditos da imaxe: Subaru Telescope (NAOJ), Hubble Space Telescope, Martin Pugh; Procesado: Robert Gendler

Créditos da imaxe: Subaru Telescope (NAOJ), Hubble Space Telescope, Martin Pugh; Procesado: Robert Gendler

No centro da nebulosa Trífida

Créditos da imaxe: Subaru Telescope (NAOJ), Hubble Space Telescope, Martin Pugh; Procesado: Robert Gendler

Créditos da imaxe: Subaru Telescope (NAOJ), Hubble Space Telescope, Martin Pugh; Procesado: Robert Gendler

Explicación: as nubes de gas brillante mestúranse cos corredores de po na nebulosa Trífida, unha rexión de formación estelar cara a constelación do Arqueiro (Sagittarius). No centro, aparecen xuntiños os tres corredores destacados de po que lle dan á Trífida o seu nome. As montañas de po opaco aparecen á dereita, mentres outros filamentos escuros se poden ollar enfiados ao través da nebulosa. Pode ollarse unha estrela masiva solitaria preto do centro que provoca gran parte do brillo da Trífida. A Trífida, tamén coñecida coma M20, ten só 300.000 anos de idade, convertíndose na máis nova entre as nebulosas de emisión coñecidas. A nebulosa atópase a uns 9.000 anos luz de distancia e a parte fotografada aquí abarca uns 10 anos luz. A imaxe de enriba é unha composición coa luminancia tirada a partires dunha imaxe desde terra do Telescopio Subaru, de 8,2 metros, con detalles proporcionados polo Telescopio Espacial Hubble en órbita, de 2,4 metros, e datos de cor proporcionados por Martin Pugh e a enxamblaxe da imaxe mailo procesado realizados por Robert Gendler.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.