Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble, MAST – Procesado: Judy Schmidt

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble, MAST – Procesado: Judy Schmidt

No centro da galaxia espiral

NGC 5033 coñécese coma unha galaxia Seyfert pola gran actividade observada no seu núcleo

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble, MAST – Procesado: Judy Schmidt

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble, MAST – Procesado: Judy Schmidt

Explicación: que está a acontecer no centro da espiral NGC 5033? Moitas cousas; algunhas circulares, algunhas enerxéticas e algunhas non comprendidas aínda de todo. NGC 5033 coñécese coma unha galaxia Seyfert pola gran actividade observada no seu núcleo. As estrelas brillantes, o po, escuro mailo gas interstelar xiran todos rapidamente ao redor do centro galáctico que semella lixeiramente descentrado cun burato negro supermasivo. Cóidase que este descentrado é o resultado da fusión de NGC 5033 con outra galaxia nalgún intre do pasado milleiro de millóns de anos. A imaxe publicada foi tirada polo telescopio espacial Hubble en 2005. NGC 5033 abarca uns 100.000 anos luz e está tan afastada que vemos só como existía hai uns 40 millóns de anos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.