Venres 29 Marzo 2024

No centro da galaxia espiral NGC 3521

Créditos da imaxe: ESA/Hubble e NASA e S. Smartt (Queen’s University Belfast); Agradecementos: Robert Gendler
Créditos da imaxe: ESA/Hubble e NASA e S. Smartt (Queen’s University Belfast); Agradecementos: Robert Gendler

Explicación: esta enorme masa xiratoria de estrelas, gas e po ocorre preto do centro dunha galaxia espiral achegada. A espectacular espiral NGC 3521 está a tan só 35 millóns de anos luz de distancia, cara a constelación Leo. A súa rexión central, que abarca uns 50.000 anos luz, amósase nesta imaxe espectacular, construída a partires de datos do Telescopio Espacial Hubble. Esta imaxe en primeiro plano salienta características múltiples da galaxia, os seus brazos espirais irregulares, moteados e amalloados con poe cúmulos de estrelas azuis e novas. En contraste, moitas espirais grandes amosan brazos espirais moi amplos. NGC 3521, unha galaxia relativamente brillante no ceo do planeta Terra, pode ollarse con telescopios pequenos, pero a miúdo omitida polos fotógrafos afeccionados en favor doutras galaxias espirais de Leo, coma M65 e M66.
Cita co Universo: calendarios de parede do APOD 2016
18 de decembro: charliña no proxecto Escépticos no Pub, en Compostela, con imaxes do APOD.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites