Edward White no primeiro paseo espacial da NASA

No baleiro

Edward White no primeiro paseo espacial da NASA

Créditos da imaxe: NASA, Gemini Project, James McDivitt.

Explicación: hai cincuenta anos, o 3 de xuño de 1965, Edward White saíu camiñar desde a nave espacial en órbita Gemini 4 para converterse no primeiro astronauta dos Estados Unidos en pasear polo espazo. White aparece nesta foto tirada polo comandante da misión James McDivitt desde o interior da cápsula, mentres o paseo espacial comezaba sobre o Océano Pacífico durante a terceira órbita de Gemini. O planeta Terra, a nave espacial maila atadura reflíctense na viseira do casco tinguido de dourado de White. Na súa man dereita sostén unha pistola para as manobras alimentada de gas. Aínda que a pistola esgotou o gas só despois de 3 minutos, continuou a manobrar xirando o seu corpo e turrando da corda durante a longa Actividade Extra Vehicular de 23 minutos. Despois, White describiu este histórico paseo espacial coma a parte máis cómoda da misión e dixo que a orde de rematar fora o “momento máis triste” da súa vida.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.