Venres 29 Marzo 2024

NGC 7822: estrelas e piares de po en infravermellos

Créditos da imaxe: WISE, IRSA, NASA; Procesado e copyright : Francesco Antonucci
Créditos da imaxe: WISE, IRSA, NASA; Procesado e copyright : Francesco Antonucci

Explicación: as propias estrelas novas está a clarexar a súa gardería en NGC 7822. Dentro da nebulosa, os bordos brillantes e as esculturas complexas de po dominan esta detallada paisaxe celeste tirada en luz infravermella polo satélite Wide Field Infrared Survey Explorer (WISE) da NASA. NGC 7822 atópase nos límites dunha nube molecular xigante cara a constelación setentrional Cepheus, unha rexión de formación estelar brillante que se atopa a 3 000 anos luz de distancia. A emisión atómica de luz polo gas da nebulosa está potenciada pola radiación enerxética procedente das estrelas quentes, cuns poderosos ventos e radiación que tamén esculpen e erosionan as formas máis densas dos piares. As estrelas están aínda a formarse no interior dos piares por colapso gravitatorio, pero mentres os piares son erosionados, a formación de calquera outra estrela será interrumpida ao final da súa reserva de material estelar. Este campo abarca uns 40 anos luz á distancia estimada de NGC 7822.

Charlas de balde APOD: 5 de xaneiro en  NYC e 9 de xaneiro en DC
Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente