Créditos da imaxe e copyright: Guillaume Seigneuret

Créditos da imaxe e copyright: Guillaume Seigneuret

NGC 7789: a Rosa de Carolina

Este cúmulo foi descuberto no ceo fondo de finais do século XVIII pola astrónoma Caroline Lucretia Herschel

Créditos da imaxe e copyright: Guillaume Seigneuret

Créditos da imaxe e copyright: Guillaume Seigneuret

Explicación: o cúmulo estelar NGC 7789, atopado entre ricos eidos estelares da Vía Láctea, está a uns 8 000 anos luz de distancia cara a constelación Casiopea. O cúmulo, un descubrimento do ceo fondo de finais do século XVIII da astrónoma Caroline Lucretia Herschel, tamén é coñecido coma a Rosa de Carolina. A súa aparencia visual florida en telescopios pequenos é creada polo complexo aniñado de estrelas e baleiros do cúmulo. Cunha idade estimada agora nuns mil seiscentos milleiros de anos, tal e como amosa o cúmulo aberto de estrelas ou galáctico. Probablemente todas as estrelas do cúmulo naceron ao mesmo tempo, pero as que son máis brillantes e masivas esgotaron axiña o combustible de hidróxeno dos seus núcleos. Estes evolucionaron desde estrelas da secuencia principal coma o Sol a seren as moitas estrelas xigantes vermellas amosadas nunha cor amarelada nesta encantadora composición. Facendo medicións de cor e brillo os astrónomos poden facer modelos da masa e por tanto da idade das estrelas do cúmulo que empezar a saír da secuencia principal para converterse en xigantes vermellas. Cuns 50 anos luz de diámetro, a Rosa de Carolina abarca máis ou menos medio grao (o tamaño angular da Lúa) preto do centro da imaxe telescópica de amplo campo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.