Xoves 18 Abril 2024

NGC 7635: burbulla nun mar cósmico

Créditos da imaxe e copyright: Rolf Geissinger
Créditos da imaxe e copyright: Rolf Geissinger

Explicación: a delicada aparición flotante á esquerda do centro deste amplo campo de vista, orzando nun mar cósmico de estrelas e gas brillante, catalógase coma NGC 7635, a nebulosa Burbulla. Con só 10 anos luz de anchura, a pequena nebulosa Burbulla foi inflada polo ventos procedentes dunha estrela masiva. Atópase dentro dun complexo máis grande de nubes de gas e po interestelar a uns 11 000 anos luz de distancia, a escarranchapernas entre as constelacións parentes de Cepheus e Cassiopeia. A uns 5 000 anos luz de distancia, inclúese nesta vista abraiante o cúmulo estelar aberto M52 (abaixo á esquerda). Por riba e á dereita da nebulosa Burbulla hai unha rexión de emisión identificada coma Sh2-157, coñecida tamén como a nebulosa Gadoupa. Esta imaxe, que abarca uns 3 graos do ceo, construíuse a partires de 47 horas de exposicións de banda estreita e ampla. Iso correspóndese a unha anchura de 500 anos luz á distancia estimada da nebulosa Burbulla.

Proxecto: Ceos Galegos 2018 – calendario astronómico

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón