Xoves 18 Abril 2024

Xirarei como a roda do muíño

Créditos da imaxe: ESA/Hubble e NASA; Agradecementos: Judy Schmidt (Geckzilla)
Créditos da imaxe: ESA/Hubble e NASA; Agradecementos: Judy Schmidt (Geckzilla)

Explicación: no centro deste apracible reuíño estelar hai probablemente un arrepiante monstro de burato negro. A espiral que o arrodea esparexe milleiros de millóns de estrelas que se están salientadas como as máis brillantes a azuis. A amplitude e fermosura da exhibición danlle ao remuíño a designación dunha galaxia espiral de gran deseño. A besta central amosa evidencias de ser un burato negro supermasivo cunhas 10 millóns de veces a masa do noso Sol. Esta criatura feroz devora estrelas e gas e está arrodeado por un foso xiratorio de plasma quente que emite chorros de raios X. A violenta actividade central dalle a denominación dunha galaxia Seyfert. Xuntos, esta beleza e besta están catalogados coma NGC 6814 e aparecen xuntos cara a constelación da Aguia (Aquila) desde hai xa milleiros de millóns de anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang