Explicación: ata canto de masiva pode ser unha estrela normal? As estimacións feitas a partires da distancia, o brillo mailos modelos solares estándar indican que unha estrela do cúmulo aberto Pismis 24 ten unhas 200 veces a masa do noso Sol, convertíndose nunha das estrelas máis masivas coñecida. Esta estrela é o obxecto máis brillante situado xusto por riba do gas da parte frontal da imaxe publicada. Porén, unha inspección achegada de imaxes tomadas co Telescopio Espacial Hubble amosaron que Pismis 24-1 obtén a súa luminosidade brillante non dunha única estrela senón de tres polo menos. As estrelas compoñentes terían preto de 100 masas solares, situándose entre as estrelas máis masivas rexistradas actualmente. Cara o fondo da imaxe, as estrelas aínda se están a formar na nebulosa de emisión asociada NGC 6357. Quizais semelle unha catedral gótica, coas potentes estrelas preto do centro semellando estar a ceibarse e alumear un casulo espectacular.