Explicación: NGC 6240 ofrece unha ollada estraña e achegada dunha catástrofe cósmica nos seus últimos estertores. A titánica colisión galaxia-galaxia, na constelación Ophiuchus, ten lugar a tan só 400 millóns de anos luz de distancia. As galaxias en fusión cuspen colas de marea distorsionadas de estrelas, gas e po e sufren estoupidos de formación estelar rápidos e furiosos. Os dous buratos negros supermasivos dos núcleos galácticos orixinais tamén coalescerán nun único e aínda máis masivo burato negro e, cedo, só ficará unha galaxia grande. Esta imaxe emocionante da escena é unha composición de datos que van desde a banda estreita e o infravermello achegado aos de banda ancha e visible, das cámaras ACS e WPC3 do Hubble, unha vista que abarca uns 300.000 anos luz á distancia estimada de NGC 6240.