Sábado 20 Abril 2024

NGC 613 con po, estrelas e unha supernova

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble, S. Smartt (QUB); Agradecementos: Robert Gendler; Inserido: Víctor Buso
Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble, S. Smartt (QUB); Agradecementos: Robert Gendler; Inserido: Víctor Buso

Explicación: de onde vén esa mancha? O astrónomo afeccionado Víctor Buso estaba a probar unha cámara nova no seu telescopio en 2016 cando notou unha mancha de luz curiosa aparecendo, e ficando. Tras informar desta extraordinaria observación, determinouse que se trataba de luz procedente dunha supernova que acababa xusto de comezar a ser visible; nunha etapa tan temperá que aínda non fora forografada visualmente. As imaxes de antes e despois do descubrimento, tiradas máis ou menos cunha hora de diferencia, amósanse no recadro dunha imaxe máis detallada da mesma galaxia espiral, NGC 613, tomada polo Telescopio Espacial Hubble. As observacións seguintes amosaron que SN 2016gkg probablemente fose a explosión dunha estrela superxigante, e Buso probablemente captou o intre no que a onda do estourido saía desde o núcleo estelar fuxindo pola superficie da estrela. Como os astrónomos teñen gastado anos vixilando galaxias na procura de supernovas sen ollar tal evento de “fuxida”, as probabilidades de que Buso o captaseu comparáronse con gañar a lotaría.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang