Xoves 25 Abril 2024

NGC 5078 e amigos

Créditos da imaxe e copyright: Dietmar Hager, Eric Benson
Créditos da imaxe e copyright: Dietmar Hager, Eric Benson

Explicación: este definido campo de vista telescópico conta con dúas galaxias brillantes. A espiral barrada NGC 5101 (arriba á dereita) e o sistema NGC 5078, case de canto, afastados no ceo por uns 0,5 máis ou menos a anchura aparente dunha lúa chea. Ámbalas dúas, dentro dos límites da serpeante constelación Hydra, estímase que están a uns 90 millóns de anos luz de distancia e cun tamaño semellante a nosa propia gran galaxia Vía Láctea. De feito, se as dúas estiveran á mesma distancia que a súa separación proxectada estarían a só uns 800.000 anos luz máis ou menos. Iso é facilmente menos cá metade da distancia entre a Vía Láctea e a galaxia Andrómeda. NGC 5078 está a interactuar cunha galaxia compañeira máis pequena, catalogada coma IC 879, que se olla xusto á esquerda do núcleo brillante da galaxia máis grande. Incluso aínda hai galaxias máis afastadas espalladas polo fondo do colorido campo. Algunhas poden olalrse xusto ao través do disco de NGC 5101. Pero as estrelas con puntas que chaman a atención están no primeiro plano, ben dentro da nosa propia Vía Láctea.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang