Venres 19 Abril 2024

NGC 4762: unha galaxia de canto

Galaxia ngc4762
Créditos da imaxe: ESA/Hubble e NASA.

Explicación: por que hai unha liña brillante no ceo? Realmente, o que está fotografado enriba é unha galaxia de disco que se olla case perfectamente de canto. A imaxe procedente do Telescopio Espacial Hubble é unha lembranza visual espectacular de como de delgadas poden ser as galaxias de disco. NGC 4762, unha galaxia do veciño Cúmulo Virgo de Galaxias, é tan delgada que realmente resulta difícil de determinar que tipo de galaxia de disco é. Carece dun corredor visible de po que indique que se trata dunha galaxia lenticular de pouco po, aínda que é posible que unha vista desde a parte superior desvelase unha estrutura espiral. A estraña liña estelar abarca uns 100.000 anos luz de extremo a extremo. Preto do centro de NGC 4762 hai un lixeito vulto central de estrelas, mentres se poden ver moitas galaxias no fondo afastadas na distancia. As galaxias que semellan así de delgadas son moi raras debido a que a nosa Terra reside (case) nos planos extrapolados dos seus finos discos galácticos. As galaxias tan finas son relativamente comúns; por exemplo, pénsase que a nosa propia Galaxia da Vía Láctea sexa máis ou menos así de delgada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente