Créditos da imaxe e copyright: procesado – Robert Gendler, Roberto Colombari datos – Hubble Legacy Archive, European Southern Observatory et al.

Créditos da imaxe e copyright: procesado – Robert Gendler, Roberto Colombari datos – Hubble Legacy Archive, European Southern Observatory et al.

NGC: 3621: moito máis alá do Grupo Local

O telescopio Hubble retrata esta afastada galaxia fóra do selecto club onde se atopa a Vía Láctea

Créditos da imaxe e copyright: procesado – Robert Gendler, Roberto Colombari datos – Hubble Legacy Archive, European Southern Observatory et al.

Créditos da imaxe e copyright: procesado – Robert Gendler, Roberto Colombari
datos – Hubble Legacy Archive, European Southern Observatory et al.

Explicación: moito máis alá do grupo local de galaxias atópase NGC 3621, a uns 22 millóns de anos luz de distancia. Situada na constelación meridional de múltiples cabezas da Hydra, os amplos brazos espirais deste espectacular universo illa están ateigados de cúmulos luminosos de estrelas azuis, rexións rosadas de formación estelar e corredores de po escuro. Aínda así, para os astrónomos, NGC 3621 non é só outra fermosa galaxia espiral que vemos de cara. Algunhas das súas estrelas máis brillantes empregáronse coma candelas estándar para establecer importantes estimacións das distancias extragalácticas e a escala do Universo. Esta fermosa imaxe de NGC 3621 é unha composición de datos de telescopios espaciais e terrestres. Perfila os brazos espirais soltos afastados das rexións brillantes da parte central da galaxia ata uns 100.000 anos luz. As estrelas con picos do primeiro plano da Vía Láctea e as galaxias do fondo aínda máis afastadas espállanse por toda a paisaxe celeste chea de cor.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.