Cúmulo aberto NGC 3293

NGC 3293: un cúmulo estelar brillante e mozo

Cúmulo aberto NGC 3293

Créditos da imaxe e licenza: ESO/G. Beccari.

Explicación: as estrelas azuis e quentes brillan intensamente neste fermoso cúmulo estelar “aberto” ou galáctico, formado recentemente. O cúmulo aberto NGC 3293 está na constelación Carina, sitúase a unha distancia duns 8.000 anos luz, e ten unha abundancia particularmente alta destas estrelas brillantes e mozas. Un estudo de NGC 3293 revela que as estrelas azuis teñen só uns 6 millóns de anos de idade, considerando o atenuamento do cúmulo; as estrelas máis vermellas parecen ter uns 20 millóns de anos de idade. De ser certo, a formación estelar neste cúmulo aberto duraría polo menos 15 millóns de anos. Porén, incluso esta cantidade de tempo é curta, cando a comparamos cos milleiros de millóns de anos que viven estrelas coma o noso Sol, e os máis de dez mil millóns de anos de vida de moitas galaxias e o noso Universo. Na fotografía, NGC 3293 aparece xusto por diante dun corredor de po denso e gas hidróxeno brillante en vermello que mana desde a nebulosa Carina.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.