Venres 19 Abril 2024

NGC 3132: a Nebulosa de Oito Estalos

NGC 3132: a Nebulosa de Oito Estalos
Créditos da imaxe: NASA, ESAHubble Heritage Team (STScI/AURA).

Explicación: é a estrela feble, non a brillante, preto do centro de NGC 3132, a que creou esta estraña pero fermosa nebulosa planetaria. Alcumada como nebulosa dos Oito Estalos e nebulosa do Anel Meridional, o gas brillante creouse nas capas máis externas dunha estrela coma o noso Sol. Nesta imaxe en cores representativos, o estanque quente e azul de luz que semella arrodear o sistema binario está activado pola superficie quente da estrela feble. Aínda que fotografada para explorar estrañas simetrías, son as asimetrías as que axudan a facer esta nebulosa planetaria tan intrigante. Nin a estraña forma da envoltura máis fría que a arrodea nin a estrutura e localizacións dos corredores de po filamentarios que atravesan NGC 3132 se comprenden axeitadamente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente