Venres 19 Abril 2024

NGC 2903: unha xoia perdida en Leo

NGC 2903
Créditos da imaxe e copyright: Tony Hallas.

Explicación: a galaxia espiral barrada NGC 2903 está só a uns 20 millóns de anos luz de distancia. Popular entre os astrónomos afeccionados, brilla na constelación setentrional de primavera de Leo, preto do alto da cabeza do león. Esa parte da constelación óllase coma unha interrogación ao revés ou unha fouce. NGC 2903, unha das galaxias máis brillantes que se pode mirar desde o hemisferio norte, está desaparecida abraiantamente do famoso catálogo de Charles Messier de atraccións celestes. Esta imaxe en, cor cunha definición, impresionante desde un telescopio terrestre pequeno fachendea de preciosos brazos espirais da galaxia perfilados por cúmuulos de estrelas azuis e novas e rexións de formación estelar rosadas. Están incluídos detalles intrigantes do núcleo brillante de NGC 2903, unha mestura destacada de cúmulos novos e vellos con inmensas nubes de gas e po. De feito, NGC 2903 exhibe un índice excepcional de actividade de formación estelar preto do seu centro, tamén brillante nas bandas de raios X, ultravioleta, infravermello e radio. NGC 2903, xusto un pouco máis pequena cá nosa propia Vía Láctea, ten uns 80.000 anos luz de diámetro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente