NGC 206 e as nubes estelares de Andrómeda

NGC 206 e as nubes estelares de Andrómeda

Explicación: a gran asociación estelar catalogada coma NGC 206 aniña no interior dos brazos poeirentos da veciña galaxia de Andrómeda. Tamén coñecida coma M31, a galaxia espiral está a tan só 2,5 millóns de anos luz de distancia. NGC 206 está preto da parte alta central deste espectacular primeiro plano da zona sudoccidental do disco de Andrómeda, unha composición extraordinaria de datos procedentes de observatorios espaciais e terrestres. As estrelas azuis e brillantes de NGC 206 apuntan á súa mocidade. De feito, as súas estrelas masivas máis novas teñen menos de 10 millóns de anos. NGC 206, moito maior cós cúmulos abertos ou galácticos de estrelas novas do disco da nosa galaxia Vía Láctea, abarca uns 4.000 anos luz. Iso é comparable en tamaño ás xigantes garderías estelares NGC 604 da achegada espiral M33 e a Nebulosa Tarántula, na Gran Nube de Magallanes. Os lugares de formación estelar do interior de Andrómeda desvélanse pola delatora emisión avermellada das nubes de gas hidróxeno ionizado.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.