Créditos da imaxe e copyright: equipo CHART32, Procesado – Volker Wendel

Créditos da imaxe e copyright: equipo CHART32, Procesado – Volker Wendel

NGC 134, a galaxia Escultor

Créditos da imaxe e copyright: equipo CHART32, Procesado – Volker Wendel

Créditos da imaxe e copyright: equipo CHART32, Procesado – Volker Wendel

Explicación: probablemente NGC 134 non sexa a galaxia espiral mellor coñecida da constelación Sculptor. Con todo, o abraiante universo illa é un claro tesouro telescópico dos ceos meridionais. Comparte un núcleo brillante, corredores de po grumosos e brazos espirais envoltos lixeiramente con estrelas picudas no primeiro plano da Vía Láctea e a galaxia máis diminuta NGC 131 nesta definida vista cósmica. Desde unha distancia duns 60 millóns de anos luz, ollamos NGC 134 inclinada case de canto. Abarca uns 150.000 anos luz, facendo que sexa aínda máis grande cá nosa propia galaxia Vía Láctea. O disco retorto de NGC 134 e as extensións tenues danlle a aparencia de interaccións gravitatorias pasadas con galaxias veciñas. Como a moito máis achegada e brillante galaxia Sculptor NGC 253, gabiáns de po parecen erguerse desde o disco galáctico esparexido de cúmulos de estrelas azuis e rexións de formación estelar rosadas.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.