Xoves 28 Marzo 2024

Neutrinos baixo do xeo antártico

Créditos da imaxe: IceCube Collaboration, U. Wisconsin, NSF.
Créditos da imaxe: IceCube Collaboration, U. Wisconsin, NSF.

Explicación: de onde veñen estes neutrinos? O Observatorio de Neutrinos IceCube, preto do polo sur da Terra comezou a detectar partículas case invisibles de enerxía moi alta. Aínda que estes neutrinos, que raramente interaccionan, atravesaran gran parte da Terra xusto antes de ser detectados, onde comezaron segue a ser un misterio. Aquí fotografamos o laboratorio antártico IceCube acompañado dunha ilustración que representa longos fíos de detectores conxelados no interior do xeo, limpo coma o cristal, de abaixo. As orixes candidatas para estes neutrinos cósmicos inclúen os arredores violentos de buratos negros supermasivos nos centros de galaxias afastadas, e explosións estelares enormes que rematan en supernovas e estouridos de raios gamma atravesando desde o lonxe o Universo. Mentres o IceCube detecta cada vez máis neutrinos de alta enerxía, as correlacións con obxectos coñecidos poden resolver este enigma cósmico; ou poida que nunca o saibamos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Confirmada a presenza de gripe aviaria por primeira vez na Antártida

O virus detectouse en mostras de aves mortas, achadas por científicos arxentinos nas proximidades da base 'Primavera'

Científicos galegos buscan na Antártida procesos naturais que afecten á supervivencia do planeta

Falamos co investigador Mariano Lastra, quen estuda a degradación das algas baixo distintos niveis de radiación e como isto afecta aos nutrientes dispoñibles

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón