Créditos da imaxe e copyright: Martin Pugh (Heaven’s Mirror Observatory)

Créditos da imaxe e copyright: Martin Pugh (Heaven’s Mirror Observatory)

A nebulosa Vasoira da Meiga

Este anaco de po cósmico da nebulosa do Veo ten a catalogación de NGC 6960

Créditos da imaxe e copyright: Martin Pugh (Heaven’s Mirror Observatory)

Créditos da imaxe e copyright: Martin Pugh (Heaven’s Mirror Observatory)

Explicación: hai dez mil anos, antes de xurdir a historia escrita da humanidade, apareceu de súpeto unha luz nova no ceo nocturno e esmoreceu despois dunhas poucas semanas. Hoxe sabemos que esa luz procedía dunha supernova ou estrela que estourou, e o rexistro da nube de refugallos en expansión é a nebulosa do Veo, un remanente de supernova. Esta definida imaxe telescópica céntrase nun segmento occidental na nebulosa do Veo catalogado coma NGC 6960 pero coñecido de xeito menos formal como a nebulosa Vasoira da Meiga. Inchada na explosión cataclísmica, a onda de choque interestelar varre o espazo agrandándose e excitando o material interestelar. Os filamentos brillantes, fotografados con filtros de banda estreita, son coma ondas longas nunha folla que se ve case de canto, cunha destacada separación entre o hidróxeno atómico (vermello) e o gas osíxeno (azul-verde). O refugallo de supernova completo está a uns 1400 anos luz de distancia cara a constelación do Cisne. Realmente, a Vasoira da Meiga abarca uns 35 anos luz. A estrela brillante da imaxe é 52 Cygni, visible a simple vista desde un lugar escuro pero sen relación co antigo remanente de supernova.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.