Venres 29 Marzo 2024

A nebulosa Variable de Hubble

Créditos da imaxe: Hubble, NASA, ESA; Datos: Mark Clampin (NASA’s GSFC); Procesado e licenza: Judy Schmidt
Créditos da imaxe: Hubble, NASA, ESA; Datos: Mark Clampin (NASA’s GSFC); Procesado e licenza: Judy Schmidt

Explicación: que fai variar á nebulosa Variable de Hubble? A estraña nebulosa presentada aquí muda a súa aparencia de xeito notable en só unhas poucas semanas. Descuberta hai uns 200 anos e por tanto catalogada coma NGC 2661, a destacada nebulosa recibe o seu nome de Edwin Hubble, quen a estudou a comezos do século pasado. early last century. Quizais axeitadamente, a imaxe publicada foi tirada por outro homónimo de Hubble: o Telescopio Espacial. A nebulosa Variable de Hubble é unha rnebulosa de reflexión feita de gas e po que se esparexe desde a estrela R Monocerotis. A feble nebulosa ten máis ou menos un ano luz de diámetro e atópase a uns 2 500 anos luz de distancia cara a constelación do Unicornio (Monocerotis). A explicación favorita para a variabilidade dar nebulosa Variable de Hubble afirma que os nós densos de po opaco pasan preto de R Mon e proxectan sombras en movemento no po reflectante que se ve no resto da nebulosa.

Ciencia aberta: navega por 1 500+ códigos da Biblioteca de Código Fonte de Astrofísica
Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente