Nebulosa Tulipán

A Nebulosa Tulipán

Nebulosa Tulipán

Créditos da imaxe e copyright: J-P Metsävainio (Astro Anarchy).

Explicación: esta vista telescópica, que enmarca unha brillante rexión de emisión, mira ao longo do plano da nosa Galaxia Vía Láctea cara a constelación rica en nebulosas de Cygnus, o Cisne. A nube brillante de po e gas interestelar, chamada popularmente a Nebulosa Tulipán, tamén se atopa no catálogo de 1959 do astrónomo Stewart Sharpless coma Sh2-101. A uns 8.000 anos luz de distancia e con 70 anos luz de diámetro a complexa e fermosa nebulosa florece no centro desta imaxe composta. As cores vermella, verde e azul cartografan a emisión dos átomos ionizados de xofre, hidróxeno e osíxeno. A radiación ultravioleta procedente das estrelas novas e enerxéticas do bordo da asociación OB3 Cygnus, que inclúe á estrela de tipo O HDE 227018, ioniza os átomos e potencia a emisión da Nebulosa Tulipán. HDE 227018 é a estrela brillante que está moi preto do arco azul no centro do tulipán cósmico. Brillando en todo o espectro electromagnético, o microcuásar Cygnus X-1 e unha fronte de onda de choque curva creada polos seus potentes chorros atópanse cara a parte superior e á dereita.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.