A nebulosa Pompa de Xabón

A nebulosa Pompa de Xabón

A nebulosa Pompa de Xabón

Créditos e copyright: T. Rector (U. Alaska Anchorage), H. Schweiker (WIYN), NOAO, AURA, NSF.

Explicación: esta encantora nebulosa simétrica, á deriva nos ricos eidos estelares da constelación Cygnus, só se recoñeceu hai uns poucos anos e aínda non aparece nalgúns catálogos astronómicos. De feito, o astrónomo afeccionado Dave Jurasevich identificouna coma unha nebulosa o 6 de xullo de 2008 nas súas fotografías da complexa rexión de Cygnus que incluía á nebulosa da Media Lúa (NGC 6888). Posteriormente notificouno á International Astronomical Union (Unión Astronómica Internacional). Só once días despois o mesmo obxecto foi identificado independentemente por Mel Helm nos Observatorios Sierra Remote, fotografado por Keith Quattrocchi e Helm e tamén remitido á IAU coma unha posible nebulosa descoñecida. A nebulosa, que aparece á esquerda da imaxe presentada, é coñecida agora coma a nebulosa Pompa de Xabón. Que é a nebulosa recén descuberta? O máis probable é que sexa unha nebulosa planetaria, unha fase final na vida unha estrela de tipo solar.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.