Sábado 20 Abril 2024

A nebulosa planetaria da Araña Vermella

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble, HLA; reprocesados e copyright: Jesús M.Vargas & Maritxu Poyal
Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble, HLA; reprocesados e copyright: Jesús M.Vargas & Maritxu Poyal

Explicación: ata que punto pode tecerse unha nebulosa planetaria coma unha rede enleada. A nebulosa planetaria da Araña Vermella amosa a complexa estrutura que pode resultar cando unha estrela normal expulsa os seus gases máis externos e se convirte nunha estrela anana branca. Esta nebulosa planetaria simétrica con dous lóbulos, etiquetada oficialmente coma NGC 6537, alberga unha das ananas brancas máis quentes nunca antes observadas, probablemente coma parte dun sistema estelar binario. Os ventos internos que emanan desde as estrelas centrais, visibles no centro, foron medidos cunha velocidade superior aos 1000 quilómetros por segundo. Estes ventos estenden a nebulosa, flúen ao longo das paredes nebulares e provocan que as ondas do gas e po quentes colisionen. Os átomos atrapados nestes choques irradian luz que se amosa en cores representativos na imaxe superior do telescopio espacial Hubble. A nebulosa da Araña Vermella atópase cara a constelación do Arqueiro (Sagittarius). A súa distancia non se coñece ben pero estimouse por algúns que están nuns 4.000 anos luz.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón