Venres 29 Marzo 2024

A nebulosa Pequena Pantasma

Créditos da imaxe: Hubble Heritage Team, NASA
Créditos da imaxe: Hubble Heritage Team, NASA

Explicación: coma un espectro, NGC 6369 é unha aparición feble dos ceos nocturnos coñecida popularmente como a nebulosa Pequena Pantasma. Foi descuberta polo astrónomo do século XVIII Sir William Herschel mentres empregaba un telescopio para explorar a constelación medicinal de Ophiucus. Historicamente, Herschel clasificara a nebulosa, redonda e con forma de planeta, coma unha nebulosa planetaria. Pero en xeral as nebulosas planetarias non están relacionadas para nada con planetas. Máis ben son envolturas gasosas creadas ao remate da vida dunha estrela de tipo solar; as capas máis externas da estrela moribunda expándense polo espazo mentres o seu núcleo se afunde para converterse nunha anana branca. A estrela anana branca transformada, que se ve preto do centro, irradia con forza en lonxitudes de onda do ultravioleta e potencia o brillo da nebulosa en expansión. Nesta sedutora imaxe composta a partires de datos do Telescopio Espacial Hubbla desvélanse detalles abraiantemente complexos e estruturas de NGC 6369. A estrutura redonda principal da nebulosa ten máis ou menos un ano luz de diámetro e o brillo procedente dos átomos de osíxeno, hidróxeno e nitróxeno ionizados son coloreados de azul, verde e vermello respectivamente. A uns 2 000 anos luz de distancia, a nebulosa Pequena Pantasma permite albiscar o destino do noso Sol, que podería producir a súa proia nebulosa planetaria nuns 5 mil millóns de anos desde agora.

Proxecto: Ceos Galegos 2018 – calendario astronómico

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente