Créditos e copyright: Leonardo Julio (Astronomia Pampeana)

Créditos e copyright: Leonardo Julio (Astronomia Pampeana)

A nebulosa escura LDN 1622 mailo Bucle de Barnard

A silueta desta escura masa de materia queda reflexada na parte inferior da imaxe

Créditos e copyright: Leonardo Julio (Astronomia Pampeana)

Créditos e copyright: Leonardo Julio (Astronomia Pampeana)

Explicación: nesta escea cósmica habita a silueta dunha intrigante nebulosa escura. A Lynds (LDN) 1622 aparece por baixo do centro contra un fondo tenue de gas hidróxeno brillante que só se pode ver en longas exposicións telescópicas da rexión. LDN 1622 atópase preto do plano da nosa galaxia Vía Láctea, preto no ceo do Bucle de Barnard; unha gran nube que arrodea o rico complexo de nebulosas de emisión que se atopa no Cinto maila Espada de Orión. Os arcos ao longo dun segmento do bucle de Barnard estrícanse cara a parte superior do recadro. Pero pénsase que o po escuro de LDN 1622 está moito máis preto que as famosas nebulosas de Orión, quizais a só 500 anos luz de distancia. A esa distancia, este campo de vista de 1 grao abarca menos ca 10 anos luz.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.