Venres 29 Marzo 2024

A nebulosa do Helmo de Thor

Créditos da imaxe e copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, U. Arizona
Créditos da imaxe e copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, U. Arizona

Explicación: esta nube cósmica con forma de casco con apéndices a modo de ás é coñecida popularmente coma o Helmo de Thor. Heroicamente grande aínda para o deus nórdico, o Helmo de Thor abarca uns 30 anos luz de diámetro. De feito, o helmo é máis parecido a unha burbulla interestelar, inchada cando un vento rápido, procedente da estrela brillante preto do centro da zona tinguida de azul da burbulla, se expandiu polos arredores da nube molecular. Este estrela, do tipo Wolf-Rayet, é unha estrela xigante extremadamente quente e masiva que se pensa está nunha breve fase pre-supernova de evolución. A nebulosa de emisión, catalogada coma NGC 2359, sitúase a uns 12 000 anos luz de distancia cara a constelación do Can Grande (Canis Major). A definida imaxe, feita con filtros de banda ampla e estreita, capta detalles espectaculares das estruturas de po e gas filamentario da nebulosa. A cor azul orixínase a partires da potente emisión dos átomos de osíxeno da nebulosa.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente