Créditos da imaxe: CFHT, Coelum, MegaCam, J.-C. Cuillandre (CFHT) e G. A. Anselmi (Coelum)

Créditos da imaxe: CFHT, Coelum, MegaCam, J.-C. Cuillandre (CFHT) e G. A. Anselmi (Coelum)

A nebulosa Hélice desde un telescopio de Hawai

A imaxe foi tomada polo telescopio Canadá-Francia-Hawaii (CFHT) localizado no cumio dun volcán durmido en Hawai

Créditos da imaxe: CFHT, Coelum, MegaCam, J.-C. Cuillandre (CFHT) e G. A. Anselmi (Coelum)

A  nebulosa Hélice. Créditos da imaxe: CFHT, Coelum, MegaCam, J.-C. Cuillandre (CFHT) e G. A. Anselmi (Coelum)

Explicación: será así o noso Sol algún día? A nebulosa Hélice é un dos exemplos máis achegados e brillantes dunha nebulosa planetaria, unha nube de gas creada ao remate da vida dunha estrela de tipo solar. Os gases exteriores da estrela expulsados ao espazo aparecen desde o noso punto de vista coa forma dunha hélice. O núcleo estelar central remanente, destinado a se converter nunha estrela anana branca, brilla cunha radiación tan potente que fai que o gas expulsado previamente emita fluorescencia. Esta nebulosa, que recibe a designación técnica de NGC 7293, atópase a uns 700 anos luz de distancia cara a constelación do Augador (Aquarius) e abarca uns 2,5 anos luz. A imaxe publicada foi tomada co Telescopio Canadá-Francia-Hawaii (CFHT) localizado no cumio dun volcán durmido en HawaiiEUA. Un primeiro plano do bordo interior da nebulosa Hélice amosa complexo nós de gas de orixe descoñecida.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.