Venres 29 Marzo 2024

A nebulosa Hélice desde o Hubble e o Blanco

Nebulosa Hélice
Créditos da imaxe: C. R. O’Dell, (Vanderbilt) et al. ESA, NOAO, NASA.

Explicación: como creou unha estrela a nebulosa Hélice? As formas dunha nebulosa planetaria coma a Hélice son importantes porque probablemente manteñen pistas de como as estrelas de tipo solar rematan as súas vidas. Porén, as observacións do Telescopio Espacial Hubble en órbita e o Telescopio Blanco de 4 metros en Chile, amosaron que realmente a Hélice non e unha simple hélice. Antes ben, incorpora dous discos case perpendiculares así coma arcos, ondas de choque e incluso características aínda non ben comprendidas. Aínda así, fican moitas simetrías impresionantemente xeométricas. Como unha única estrela de tipo solar creou tal complexidade xeométrica e á vez fermosa, é un tema de investigación. A nebulosa Hélice é a nebulosa planetaria máis achegada á Terra, localízase a só uns 700 anos luz de distancia cara a constelación de Aquarius e abarca uns 3 anos luz.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente