Venres 29 Marzo 2024

A nebulosa Espagueti

Créditos da imaxe e copyright: Daniel López (El Cielo de Canarias) / IAC
Créditos da imaxe e copyright: Daniel López (El Cielo de Canarias) / IAC

Explicación: é doado perderse ao seguir os intrincados filamentos desta imaxe detallada do tenue remanente de supernova Simeis 147. Catalogado tamén coma Sharpless 2-240 recibe un alcume popular: a nebulosa Espaguete. Situada pola fronteira das constelacións Taurus e Auriga, cobre case 3 graos ou 6 lúas cheas no ceo. Iso son uns 150 anos luz de refugallos estelares á distancia estimada para a nube de 3 000 anos luz. Esta composición inclúe datos da imaxe tirados ao través de filtros de banda estreita, salientando a emisión avermellada procedente dos átomos de hidróxeno ionizado para perfilar o gas brillante e golpeado. O remanente de supernova ten unha idade estimada duns 40 000 anos, o que significa que a luz procedente da masiva explosión estelar chegou á Terra por primeira vez hai 40 000 anos. Pero o gran remanente non é a única secuela. A catástrofe cósmica deixou por tras tamén unha estrela de neutróns xiratoria ou púlsar, todo o que queda do núcleo estelar orixinal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente