Xoves 28 Marzo 2024

A nebulosa da Burbulla en expansión

Créditos da imaxe: Göran Nilsson e The Liverpool Telescope
Créditos da imaxe: Göran Nilsson e The Liverpool Telescope

Explicación: é a burbulla contra a nube. NGC 7635, a nebulosa da Burbulla, está a ser empurrada polo vento estelar da estrela masiva BD+602522, que se ve en azul cara a dereita, dentro da nebulosa. E aínda na veciñanza reside unha nube molecular xigante, visible no extremo dereito en vermello. Neste lugar do espazo, unha forza irresistible atopa un obxecto inamovible dun xeito interesante. A nube pode conter a expansión do gas da burbulla, pero recibe o impacto da radiación quente que procede da estrela central da burbulla. A radiación quece rexións densas da nube molecular facéndoa brillar. A nebulosa da Burbullafotografada aquí, ten uns 10 anos luz de diámetro e forma parte dun complexo moito máis grande de estrelas e capas. A nebulosa da Burbulla pode verse cun telescopio pequeno cara a constelación da Raíña de Etiopía (Cassiopeia).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente