Venres 19 Abril 2024

Nebulosa con raios láser

Créditos da imaxe e copyright: Stéphane Guisard (Los Cielos de America, TWAN)
Créditos da imaxe e copyright: Stéphane Guisard (Los Cielos de America, TWAN)

Explicación: catro raios láser cruzan esta imaxe abraiante da nebulosa de Orión, tal e como se ve desde o Observatorio Paranal do ESO no deserto de Atacama, no planeta Terra. Os láseres, que non forman parte de ningún conflito interestelar, están a seren usados para unha observación de Orión por UT4, un dos telescopios moi grandes do observatorio, nun exame técnico dun sistema de óptica adaptativa para a mellora da imaxe. Esta vista da nebulosa con raios láser foi captada por un telescopio pequeno desde fóra do peche do UT4. Os raios poden verse desde esa perspectiva porque nos primeiros quilómetros sobre o observatorio a atmosfera da Terra, menos densa, esparexe a luz láser. Os catro segmentos pequenos que aparecen máis alá dos raios son a emisión dos átomos de sodio excitados pola luz láser nunha capa atmosférica a alturas superiores aos 80-90 quilómetros. Eses segmentos, desde a perspectiva do UT4, forman manchas brillantes ou estrelas guías artificiais. As súas fluctuacións empréganse en tempo real para corrixir as distorsións atmosféricas ao longo da liña de visión medianta o control dun espello deformable no camiño óptico do telescopio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón