Xoves 25 Abril 2024

Mísil nuclear sobre San Francisco

Créditos da imaxe e copyright: Abe Blair (Abe Blair Gallery)
Créditos da imaxe e copyright: Abe Blair (Abe Blair Gallery)

Explicación: Que vén sendo esa estraña luz do ceo? Unha pregunta habitual, neste caso a luz non era só brillante senón tamén se movía e expandía. Apereceu xusto canto o astrofotógrafo e o seu amigo estaban a fotografar a ponte Golden Gate en San Francisco (California), contra un ceo nocturno máis predicible. Non estaban sós ollando este espectáculo estraño; centos de persoas de California informaron dunha vista semellante. O consenso dos observadores celestes con experiencia foi que o penacho se debeu ao lanzamento dun foguete; unha explicación que axiña foi confirmada coma unha proba dun mísil nuclear Trident II D5 sen aviso previo e sen armar, lanzado desde un submarino. Estas probas non son estrañas pero normalmente non se fan xusto tras do solpor nin preto dunha área metropolitana grande; cando son observables particularmente por moita xente. Cando as imaxes de penachos non se publicaban na rede e non eran rapidamente identificadas, semellantes espectáculos celestes podrían ser malinterpretados por algúns e asociados a explicacións máis grandiosas, pero incorrectas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón